Campaña de Nadal 2025 do Concello da Laracha - Agasalla Comercio Local III
Campaña de Nadal 2025 do Concello da Laracha - Agasalla Comercio Local III

A TER EN CONTA

Horarios das bibliotecas

  • Caión e Paiosaco: de luns a venres de 17:00 20:00 horas.
    Torás: de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 (*agás o venres 22: de 9:30 a 13:30.)

Tes un comercio?
Únete á campaña.

O periodo de inscrición rematou o 18 de novembro.
Rexistro comercios - 2025
Desexo colaborar aportando premios
Nesta edición hai unha novidade, os establecementos participantes poderán colaborar tamén coa aportación dun agasallo do seu local polo valor que estimen axeitado e que represente ao mesmo. Nese caso, entre os vales tamén estará o agasallo aportado como un premio máis, que será repartido de forma aleatoria entre o resto de vales.
Declaro que:
- Que cumpro cos requisitos establecidos na convocatoria e que os datos indicados son certos, así como que dispoño de establecemento permanente e/ou licenza de taxis na Laracha e que reúno as condicións legalmente establecidas para o exercicio da miña actividade.

- Que son persoa empresaria autónoma ou representante de pequena e mediana empresa de conformidade co previsto no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño).

- Estar ao corrente co cumprimento das obrigas coa Axencia estatal de Administración tributaria (AEAT) coa Seguridade Social, e co Concello da Laracha.

-Que colaborarei en todas as accións de comunicación, prensa e relacións públicas do evento, así como a dar a maior difusión nas redes sociais do meu establecemento adherido; así como a ter exposto nun lugar visible dende o exterior o material publicitario da campaña, para dar unha imaxe corporativa.

- Que non estou incurso/a nas prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

- Que autorizo ao Concello da Laracha para o tratamento dos datos achegados relativos ao establecemento que represento, en materia de protección de datos persoais nos termos que se establezan nas presentes bases da convocatoria.

✺ Agasalla Comercio Local III ✺ Preparando edición 2025, con máis premios ✺ Agasalla Comercio Local III ✺ Preparando edición 2025, con máis premios ✺ Agasalla Comercio Local III ✺ Preparando edición 2025, con máis premios ✺ Agasalla Comercio Local III ✺ Preparando edición 2025, con máis premios ✺ Agasalla Comercio Local III ✺ Preparando edición 2025, con máis premios ✺ Agasalla Comercio Local III ✺ Preparando edición 2025, con máis premios ✺ Agasalla Comercio Local III ✺ Preparando edición 2025, con máis premios

✺ Por cada 10€ de compra recibirás un RASCA E GAÑA ✺ Por cada 10€ de compra recibirás un RASCA E GAÑA ✺ Por cada 10€ de compra recibirás un RASCA E GAÑA ✺ Por cada 10€ de compra recibirás un RASCA E GAÑA ✺ Por cada 10€ de compra recibirás un RASCA E GAÑA ✺ Por cada 10€ de compra recibirás un RASCA E GAÑA ✺ Por cada 10€ de compra recibirás un RASCA E GAÑA

gañadores dos bonos

Recollida dos bonos

*IMPORTANTE: Para a recollida do bono, débese acceder co DNI orixinal do beneficiario do bono. No caso de acudir en representación do beneficiario, requírse contar cunha autorización escrita.

Podes descargar o documento a cumprimentar para a recollida do bono aquí: Documento recollida bono e autorización.

*Data límite para canxear bonos 23 de xuño

DATAS IMPORTANTES

COMEZO REPARTO/CANXE DOS RASCAS

DATA LÍMITE DEPÓSITO DAS PAPELETAS

Entrega de premios

5/12

5/1

9/1

13/1

16/1

Fin reparto/canxe dos rascas

SORTEO FINAL

5/12

Comezo reparto/canxe dos rascas

5/1

fin reparto/canxe dos rascas

9/1

Data límite depósito das papeletas

13/1

Sorteo final

16/1

Entrega de premios

Datas sorteo e entrega de premios

Datas sorteo e entrega de premios

Poderás obtelos e canxealos nos máis de 30 comercios adheridos

PREMIOS

15.000 € en vales de compra​

Experiencia cultural​

Experiencia turística​

Experiencia gastronómica

15.000 € en vales de compra

Experiencia cultural​

Experiencia turística​

Experiencia gastronómica​a​

Gañadores do Rasca e gaña

1º PREMIO – EXPERIENCIA CULTURAL: IRENE VILARIÑO MARTÍNEZ (DNI Nº***285***)
*Estancia de 1 noite de hotel e entradas para ver El Rey León en Madrid para dúas persoas.

2º PREMIO – EXPERIENCIA TURÍSTICA: NOELIA CAMBÓN MORALES (DNI nº ***900***)
*Estancia 2 noites con acceso a Spa no Augusta Eco Wellness Resort de Sanxenxo para dúas persoas.

3º PREMIO – EXPERIENCIA GASTRONÓMICA: ALEJANDRO AMADO VILLAVERDE (DNI nº *********)
*Cena/comida para dous.

A entrega de premios terá lugar o 16 de xaneiro de 2026. A hora e lugar de recollida será comunicada ós directamente ós premiados.

Lista de reserva

  1. MARGARITA SOUTO IGLESIAS, DNI nº ***032***
  2. DIANA CABEZA PUENTE, DNI nº ***340***
  3. ANABEL PARDIÑAS LEMA, DNI nº ***172***
  4. SUSANA MUÑIZ, DNI nº***138***
  5. ANDRA RAMOS, DNI nº ***037***
  6. FRANCISO J. RODRÍGUEZ LANDEIRA, DNI nº ***742***
  7. MAITE BARGO, DNI nº 235***
  8. AURORA LOPEZ, DNI nº ***859***
  9. MARÍA JOSÉ CALVELO, DNI nº ***646***
  10. NOELIA COTELO, DNI nº ***015***.

preguntas frecuentes

FAQ´s veciños

“Agasalla comercio local, ten premio, III” é a terceira edición da campaña de dinamización do comercio local para a campaña de Nadal impulsada polo Concello da Laracha para promover a reactivación económica e apoiar ao pequeno comercio, hostalaría e servizos do municipio. A campaña conta cos seguintes incentivos:

– 15.000 euros en premios directos, repartidos en 1.500 “rasca e gaña” de 10 euros cada un.

– Premios directos adicionais achegados voluntariamente polos locais participantes.

– Un sorteo final de experiencias culturais, turísticas e gastronómicas para as tarxetas non premiadas.

Facendo compras nos establecementos adheridos á campaña. Estes entregarán un “rasca e gaña” por cada compra mínima de 10 € que fagas no seu local.

Hai un total de 37 establecementos adheridos (comercio, hostalaría, servizos, etc.). Podes consultar a listaxe completa na sección “Comercios Participantes” desta web. Ademais, estarán identificados cun cartel ou elemento decorativo da campaña no exterior do local.

Se o teu rasca ten un premio directo de 10 €, podes trocalo en calquera dos establecementos adheridos facer unha compra mínima de 20 €.

*Nota: Os premios non son acumulables (só un vale por compra) e o prazo para trocalos é dende o 5 de decembro de 2025 ata o 5 de xaneiro de 2026 (ambos incluídos).

Si. Ademais dos premios de 10 € do Concello, algúns “rasca e gaña” poden conter agasallos directos aportados polos propios locais participantes.

FAQ´s veciños

Non o tires! As tarxetas non premiadas teñen unha segunda oportunidade. Debes cubrir o reverso cos teus datos persoais e depositala nas urnas habilitadas para tal fin.

– Onde están as furnas?: Nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

– Data límite: Podes depositalas ata o remate da campaña (5 de xaneiro).

Con todos os “rasca e gaña” depositados nas urnas realizarase un sorteo final de tres grandes premios consistentes en experiencias culturais, turísticas e gastronómicas (como viaxes, estancias ou ceas).

*Nota: Consulta o detalle específico destes premios na sección de “Bases” ou “Premios” da web.

Podes usalo para a maioría de produtos, excepto para:

– Bebidas alcohólicas.

– Tabaco e derivados.

– Produtos farmacolóxicos que precisen prescrición médica.

– Loterías, apostas e xogos de azar.

Se o establecemento figura na lista de participantes e cumpres as condicións (compra mínima de 20 € e datas vixentes), ten a obriga de aceptalo. Se non o fai, debes comunicalo de inmediato ao Concello da Laracha.

O sorteo realizarase tras o remate da campaña. A data e hora publicarase nesta web. Se resultas gañador/a, contactarase contigo e publicarase a listaxe na web. No caso de renuncia ou imposibilidade de entrega, tirarase da lista de reservas.

FAQ´s comercios

Para solicitar a túa adhesión ao programa, debes cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na sección “Tes un comercio? Únete á campaña.” desta web.

Nesta edición hai unha novidade, os establecementos participantes poderán colaborar tamén coa aportación dun agasallo do seu local polo valor que estimen axeitado e que represente ao mesmo. Nese caso, entre os vales tamén estará o agasallo aportado como un premio mais, que será repartido de forma aleatoria entre o resto de vales.

O prazo de solicitude para adherirse ó programa como comercio estará aberto ata o 18 de novembro de 2025 (inclusive).

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias de adhesión á campaña (18 de novembro), serán todas revisadas e derivadas a unha base de datos. En caso de que algún local non cumpra os requisitos de adhesión será  excluído por incumprimento.

Posteriormente, procederase a facer pública a listaxe de todos os locais participantes na campaña.

A partir dese momento comezarase co reparto de todo o material promocional da campaña así como os lotes de rasca e gaña para poder comezar a entregalos aos clientes o 5 de decembro.

Será entregado o mesmo número de “rasca e gaña” a cada local participante, sendo posible solicitar e recoller mais “rasca e gaña”, que serán entregados no edificio administrativo, nun único día, sendo previsto o 22 de decembro, cando os locais acrediten que entregaron todos os “rasca e gaña.” Para solicitar nova remesa de “rasca e gaña”, deberá facerse previamente por escrito via email ao seguinte: emprego@alaracha.es

Repartiranse 15.000 “rasca e gaña polo nadal”, dos cales 1.500 estarán premiados con valor de 10 euros cada un. Ademais dos vales con premio directo aportados polos locais participantes.

Os “rasca e gaña” premiados non poden ser trocadas nas compras dos seguintes produtos:

  • Bebidas alcohólicas de gradación igual ou superior a 20 graos.
  • Tabacos e asimilados.
  • Produtos farmacolóxicos que precisen prescrición médica.
  • Lotarías, apostas e xogos de azar.

Se un comercio troca un “rasca e gaña” premiado aplicando o desconto nunha compra en cuxo tícket se reflexe a venta de algún produto dos que se recollen aquí como excluídos, será descontado o seu importe (IVE incluído) do total do valor da compra (IVE incluído), afectando ao cumprimento do requisito sobre o importe mínimo do tícket ao que pode ser aplicado o desconto do premio, é dicir, podendo non acadar os 20 euros mínimos, non reembolsándose os 10 euros do desconto ao comercio que solicita liquidación, sólo neste caso.

FAQ´s veciños

Os establecementos comprométense a recoller os rasca e gaña premiados que se troquen nos seus establecementos e grapalos xunto ao tícket xustificativo de compra na que se troca o rasca e gaña. Xunto a estes, deberán presentar factura polo valor de tódolos rasca e gaña trocados.

Poderán presentar esta documentación xustificativa en dous prazos:

– O primeiro ata o día 22 de decembro de 2025 (correspondente aos bonos trocados ata o 20 de decembro).

– O segundo e derradeiro prazo, dende o 7 de xaneiro e o 20 de febreiro de 2026, sendo este o prazo improrrogable para xustificar.

Os locais participantes que se sumen, á campaña rasca e gaña da campaña “AGASALLA COMERCIO LOCAL, TEN PREMIO III” deberán cumplir o obxectivo da campaña, colaborando có concello na súa difusión e correcto desenvolvemento.

Deberán colocar no local en lugar visible o material decorativo e identificativo da campaña para facilitar aos viandantes a identificación dos locais participantes.

Comprometeranse a entregar un rasca e gaña por cada compra mínima de 10 euros que os clientes fagan no seu local.

Comprometeranse a aceptar para trocar un rasca e gaña “gañador” de 10 euros por cada 20 euros ou mais de compra (non serán acumulables) entre o 5 de decembro de 2025 e o 5 de xaneiro de 2026 (ambos incluídos), ou antes en caso de esgotar existencias.

Se non podo cumprir coas miñas obrigas como establecemento adherido ao programa, deberei comunicalo á organización do programa canto antes e acordar con eles unha solución.

Bases da campaña